Madrugada de San Xoán
Madrugada máis garrida
Que baila o Sol cando nace
E ri cando morre o día
¿Onde vai nosa señora?
¿Onde vai Santa María?
Vai cara a banda do mar
Vai cara a manda da ría
¿Que dis a virxe, que dis?
¿Que dis Santa María?
¿Cal será a meniña, cal?
¿Que colla a frol d'augoa fría?
Non será dama nin deuda
Que será a princesa Aldina
A princesa namorada
Filla do rei de Galicia
Non hai outra coma ela
Tan feitiña e tan bonita
C'aqueles seus ollos craros
Do color d'augoa da ría
Soio ti, Aldina, serás
Quen leve a frol d'augoa fría
Soio ti, Aldina, serás
Quen leve a frol d'augoa fría
Érguete do leito, nena
Vén cara a banda do mar
Qu'anque ti veñas soiña
En compaña has de tornar
Érguete do leito, nena
Vén cara a banda da ría
Qu'anque ti soiña veñas
Tornarás en compañía
Na torre do real palacio
Anque inda está lonxe o día
Móvense os liños dun leito
Algunha xente se erguía
¡É a princesa! ¡Deul-a garde!
Era a moi garrida Aldina
Que vai día de San Xoán
Catar a frol d'augoa fría
Mais de 15 cursos com aulas exclusivas, materiais didáticos e exercícios por R$49,90/mês.
Tenha acesso a benefícios exclusivos no App e no Site
Chega de anúncios
Mais recursos no app do Afinador
Atendimento Prioritário
Aumente seu limite de lista
Ajude a produzir mais conteúdo